jueves, 24 de octubre de 2013

HORARIO SURREALISTA. SESIÓN VERMÚ NA FIEITEIRA

Moi boas compañeiros

O noso equipo dera concertos en todo tipo de campos e actuacións a multiples horarios, normalmente pola tarde pero xa temos xogado pola mañán, o ano pasado en pleno inverno ás 20:30 en Órdenes, etc....O que nunca fixéramos foi unha "sesion vermú" como as das orquestas nas aldeas, pero como sempe hai cousas que nos sorprenden o partido desta semana contra o Boqueixón vaise xogar ás 14:01 horas.

O máis curioso do conto é que a este esperpento chegamos por facerlle un favor ó oitro equipo. Está claro que debemos ser o único equipo da liga que sempre acepta os cambios que nos piden o resto dos equipos. O carallo é cando somos nós os que pedimos o cambio. Non fai falta recordar o partido de Boiro o ano pasado á hora da Cabalgata de Reyes.

Está claro que "ahora xa está" pero os argumentos teñen que ser máis serios que "non nos da tempo a ver o partido". E o máis triste que os que non vamos a ter xente somos nós. En fin.....

Menos mal que non é un partido da nosa lija. Vémonos o sábado compañeiros

jueves, 3 de octubre de 2013

CAMBIO NO HORARIO HABITUAL

Boas compañeiros. Como este ano tócanos compartir campo cos juveniles do Sálvora (por ahora, máis adiante xa se irán incorporando máis equipos os sábados á tarde) e hai que facelo como bos irmáns, esta semana tócalle a eles ás 16:00 e a nós ás 18:00. Así tamén os traballadores nocturnos teñen máis tempo a descansar, Cipri fai mel.lor a digestión e o Filipino recuperase da ingestión de líquidos da noite anterior con máis tranquilidade.

Unha vez abandonado o posto de colista esperemos non volver a el por ahora, aínda que nos toca un oso duro de roer como é o Dubra.

Despois haberá que celebrar o recente cumpleanos do mister degustanto algún brebaje na cantina.

Por certo, si alguén quer facer plans PARA A SEMANA (12 de octubre) NON TEMOS PARTIDO

Vémonos o sábado compañeiros.