jueves, 24 de octubre de 2013

HORARIO SURREALISTA. SESIÓN VERMÚ NA FIEITEIRA

Moi boas compañeiros

O noso equipo dera concertos en todo tipo de campos e actuacións a multiples horarios, normalmente pola tarde pero xa temos xogado pola mañán, o ano pasado en pleno inverno ás 20:30 en Órdenes, etc....O que nunca fixéramos foi unha "sesion vermú" como as das orquestas nas aldeas, pero como sempe hai cousas que nos sorprenden o partido desta semana contra o Boqueixón vaise xogar ás 14:01 horas.

O máis curioso do conto é que a este esperpento chegamos por facerlle un favor ó oitro equipo. Está claro que debemos ser o único equipo da liga que sempre acepta os cambios que nos piden o resto dos equipos. O carallo é cando somos nós os que pedimos o cambio. Non fai falta recordar o partido de Boiro o ano pasado á hora da Cabalgata de Reyes.

Está claro que "ahora xa está" pero os argumentos teñen que ser máis serios que "non nos da tempo a ver o partido". E o máis triste que os que non vamos a ter xente somos nós. En fin.....

Menos mal que non é un partido da nosa lija. Vémonos o sábado compañeiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario